Rosalía de Castro e Rosalía, a cantante, fúndense en 'El Jueves'

A revista publica unha noticia satírica titulada: "O boom por Rosalía dispara as vendas de Cantares Gallegos"

Imagen de Rosalía de Castro con un poema suyo. EP
photo_camera Imaxe de Rosalía de Castro cun poema seu. EP

Rosalía de Castro saíu á palestra este venres no panorama nacional. Tan só por un momento, pero o suficiente como para ser comentada (e quizá por moitos coñecida) en España.

A revista satírica redactou unha noticia na que aseguraba que 'O boom por Rosalía dispara a venda de Cantares Gallegos'. A publicación xoga no titular coa cantante catalá Rosalía, na crista da onda polas súas cancións e ademais porque acaba de sacar unha liña de moda para Pull&Bear.

Na noticia publicada na súa web aseguran: "Polo momento a nova artista nin desmente nin confirma os seus primeiros pasos na literatura galega: “Non sei, estou metida en tantas movidas que quizá si que escriba varios libros. Non teño nin idea. Onte levanteime e asinara dúas pelis e unha colección de pixamas para Zara antes de despexarme co primeiro café”.

Comentarios