Roberto Leal acompañará a Anne Igartiburu nas badaladas en TVE

A retransmisión repetirase, por primeira vez, unha hora máis tarde para axustarse ao horario canario

Roberto Leal. AEP
photo_camera Roberto Leal. AEP

O presentador Roberto Leal acompañará a Anne Igartiburu na condución das badaladas do ano novo na retransmisión de Televisión Española que, por primeira vez, soarán tamén unha hora despois para axustarse ao horario insular canario.

Leal debuta na Porta do Sol xunto á veterana presentadora, que suma 14 anos consecutivos nesta cita do Nadal, informou o ente público nunha nota.

As badaladas de 2017 de TVE foron, un ano máis, as máis vistas de todas as cadeas, con máis de 6,7 millóns de espectadores (36,7%).

A retransmisión das badaladas será unha das citas imprescindibles do Nadal en TVE que está a preparar unha programación especial para celebrar as festas. ás tradicionais citas co Sorteo da Lotería, a Mensaxe do Rei, a Cabalgata de Reyes e o Concerto de Ano Novo sumaranse programas de humor e especiais musicais polos que pasarán grandes artistas nacionais e internacionais. 

Comentarios