Richard Gere e a galega Alejandra Silva esperan o seu segundo fillo

A empresaria galega xa tería superado o seu terceiro mes de embarazo
Richard Gere y Alejandra Silva. EFE
photo_camera Richard Gere e Alejandra Silva. EFE

Richard Gere e Alejandra Silva volverán ser pais. Así o adianta en exclusiva a revista ¡HOla!, que asegura que a empresaria galega xa superaría o seu terceiro mes de embarazo.

Trátase do segundo fillo en común do actor (70) e a empresaria galega (36), tras o nacemento de Alexander en febreiro de 2018.

Gere ten outro fillo, de 19 anos, froito do matrimonio coa actriz Carey Love. A coruñesa, pola súa banda, é nai de Albert, de seis anos. 

O bebé pon o broche de ouro a unha relación que selaron fai máis dun ano nunha romántica voda celebrada nun rancho nos arredores de Nova York.

Comentarios