O comentario machista de Miki Nadal sobre Vanesa Romero incendia as redes

Nunha das probas do concurso de RTVE Masterchef Celibrity soltou un desafortunado chiste sexista sobre a actriz
Miki Nadal en 'Masterchef Celebrity'. INSTAGRAM
photo_camera Miki Nadal en 'Masterchef Celebrity'. INSTAGRAM

A nova tempada do popular concurso Masterchef Celebrity segue no foco da polémica. Hai unhas semanas os seus xuíces leábana cunha imitación que "ridiculizaba" o acento galego –pola que posteriormente a cadea RTVE pediu perdón– e utilizaban marisco de fóra de Galicia no programa gravado na Coruña. Aagora un dos seus concursantes, Miki Nadal, viralizouse por facer un comentario machista sobre a súa compañeira Vanesa Romero.

Durante unha das probas, na que os participantes tiñan que roubar ingredientes aos seus compañeiros, a chef e presentadora do concurso Samantha Vallejo dicía –referíndose ao ingrediente lecitina, utilizado para facer alimentos como a manteiga– que "en Masterchef, os pos compártense". Tras isto, tirando de dobre sentido, Nadal soltou un desafortunado "¡Ah, claro! ¡Compártense agora que non está Vanesa Romero!".

As redes non tardaron en pronunciarse sobre o comentario sexista criticando tanto ao cómico como ao programa por contribuír difundindo a actitude machista.

Comentarios