O rapeiro Zerail Dijon Rivera, máis coñecido como Indian Ree Boy, foi asasinado a balazos e a súa morte foi retransmitida mentres facía un directo de Instagram. No vídeo, que deu a volta ao mundo a pesar da súa dureza, vese como recibe o primeiro disparo e pide axuda.
Os feitos sucederon o pasado 8 de xullo en Los Ángeles cando Indian Red Boy facía un live cun amigo. O rapeiro, de 21 anos, recibiu un tiro mortal na cabeza. Ademais, escoitáronse ata unha ducia de detonacións. A Policía investiga o sucedido para dar cos autores do crime.
► AS SEGUINTES IMAXES PODEN FERIR A SÚA SENSIBILIDADE
Inglewood man shot on IG Live Hawthorne,CA his name Indian Red boy 🧨 pic.twitter.com/CKcEIhUPBA
— SOHOOD NEWS 24-7 🧨🔥🔥🔥 (@7Sohood) July 10, 2021