A rapeira Sara Socas acusa a Pol Granch de ser un "misóxino de merda"

A artista sacou á luz no seu perfil de Twitter o desagradable episodio que viviu co actor nunha festa de Los 40
La rapera Sara Socas. INSTAGRAM
photo_camera A rapera Sara Socas. INSTAGRAM

O asasinato de Samuel conmoveu a toda a escena española, que condenou os feitos e amosou o seu apoio a amigos e familiares da vítima a través das súas redes sociais. Con todo, esta mobilización puxo no punto de mira a aquelas figuras públicas que decidiron non pronunciarse. O rapeiro Recycled J foi máis aló e cargou no seu Instagram contra os compañeiros do seu gremio que, a pesar de apropiarse da estética queer para os seus videoclips, "non son capaces de visibilizar os problemas que sufriu o colectivo LGTBIQ+".

Recycled mostrouse taxativo tachando de ratas "oportunistas" a estes artistas. "Coa voz que temos, deixade de aproveitala para os vosos fins e arrimade un pouco o cóbado", engadiu. As publicacións do rapeiro, nas que non sinalaba directamente a ninguén, desataron unha onda de especulacións en redes sociais, chegando a converter en trending topic a dous dos nomes máis barallados: Marc Seguí e Pol Granch

recycled

Por mor dos feitos, a rapeira canaria Sara Socas decidiu que era o momento idóneo para sacar á luz o desagradable episodio que viviu con Granch, gañador de Factor X e incorporación recente na serie Élitenunha festa organizada por Los 40 en 2019. A artista apelou directamente ao actor para comunicar aos seus seguidores que foi tratada como "unha putísima merda" polo mesmo. 

"Sales en Élite, vísteste como Harry Styles e cantas baladitas tontipop porque moita xente mirou para outro lado. Pola miña banda: que che fodan", publicou Socas no que sería o primeiro dun fío de tweets revelando a súa experiencia con Pol. Así, a cantante continuou arremetendo duramente contra o actor acusándoo de ser "un misóxino de merda".

"Non só me trataches mal a min, que me faltaches ao respecto e empuxáchesme varias veces, senón a moitas mozas de distintas formas moito peores", recolleu a rapeira Sara Socas no seu perfil de Twitter referíndose a Pol Granch

"Xamais me pronunciei contra ninguén porque descoñezo certas realidades e non me podo mollar. Pero non só me trataches mal a min, que me faltaches ao respecto e me empuxaches varias veces, senón a moitas mozas de distintas formas e moito peores", engade. 

A que foi a primeira muller en participar na FMS España non quixo especificar a situación na que se produciron os feitos "porque implicaría a terceiras persoas e quizá non se sintan cómodas". Aínda así, Socas aclara que decidiu alzar a voz debido a que "non aguantaba máis vendo como te trata de bonito a industria mentres ti trataches como un anaco de merda a moita xente".
 


Ademais, a rapera deixou claro que lle dá igual que Granch, nos momentos relatados no seu perfil de Twitter "fose drogado ou sobrio", deixando no aire varias intepretacións. Socas tamén cargou duramente contra os "AR's que viron parte da situación e non fixeron nada", tachándoos de anacos "de merda". 

EXPLICACIÓNS. Unha hora máis tarde, no tramo no que o seu fío de Twitter se fixo viral con miles de interaccións, Sara Socas expresou o seu arrepentimento polas formas de expresarse pola mesma canle, "porque implican rebaixarme e non hai necesidade". "A rabia falou por min, pero é que a verdade tamén", concluíu. 

"Deixen a cada persoa atopar o momento e a valentía de dicir algo que saben que os vai pór no foco", sentenciou a rapera

A canaria tamén se pronunciou sobre o momento elixido para gritar o seu testemuño: "Eu conto isto en 2019 e tomádesme polo pito do sereno. As persoas que de verdade se viron afectadas nin sequera se atreveron a facelo aínda. Deixen a cada persoa atopar o momento e a valentía de dicir algo que saben que os vai pór no foco", sentenciou mencionando por última vez o tema. 

COMPAÑEIRAS PIDEN A CANCELACIÓN DE POL GRANCH. Por mor do seu fío de Twitter, a rapeira Sara Socas recibiu centos de mostras de apoio. As concursantes de Operación Triunfo Marta Sango e Natalia Lacunza, coa que Pol Granch mantivo unha relación sentimental, tamén manifestaron nas súas redes sociais a súa reprobación ante a actitude do actor.

A primeira compartiu nas súas historias de Instagram unha publicación doutro usuario na que piden a Sony Music, a discográfica de Pol, que lle corten a billa xa". Lacunza, pola súa banda, tamén fai un chamamento á industria e aos compañeiros de profesión que "seguen traballando con esa xente aínda sabendo todo, alimentando a súa tranquilidade de que sexas un desgraciado porque non che vai pasar nada". "Artistas, managers, produtoras, promotores, produtores, selos, radios, estilistas, maquilladores, etc. Póndevos as putas pilas", engade. 
 

Comentarios