Un raio provocou a interrupción da estrea do filme de Lady Gaga en Venecia

Á proxección, asistían tanto a propia Lady Gaga como o director do filme 

Lady Gaga en el Festival Internacional de Cine de Venecia. EFE (Ettore Ferrari)
photo_camera Lady Gaga no Festival Internacional de Cine de Venecia. EFE (Ettore Ferrari)

A forte tormenta eléctrica que se produciu na noite do venres ao sábado en Venecia tivo efectos na illa do Lido, onde se celebra a Mostra e onde un raio caeu sobre o Palacio do Cine no momento da proxección de 'A star is born', de Lady Gaga e Bradley Cooper, provocando unha interrupción no visionado.

Durante 15 minutos, os asistentes á estrea oficial do filme tiveron que esperar a que os técnicos reparasen os problemas causados polo raio, informaron este sábado medios locais.

Á proxección asistían, ademais de Lady Gaga e Cooper -que é tamén o director do filme-, a parella do actor, a modelo rusa Irina Shayk ou a deseñadora Donatella Versace.

INUNDACIÓNS. A tormenta tamén provocou unha pequena inundación na planta baixa do edificio. Os problemas producíronse aos poucos minutos de empezar a proxección dunha película que é o debut na dirección de Cooper e o primeiro papel protagonista de Lady Gaga, nun novo remake dunha historia levada ao cine con actrices como Judy Garland e Barbra Streisand, e que se presentou na 75 Mostra de Venecia fóra de competición

Comentarios