O príncipe Harry e Bon Jovi cantan en Abbey Road

A gravación fíxose xunto a un coro de veteranos lesionados e enfermos e terá fins benéficos
El príncipe Harry y Jon Bon Jovi. EFE
photo_camera O príncipe Harry e Jon Bon Jovi, durante aos estudos de Abbey Road.NEIL HALL (Efe)

O príncipe Harry púxose este venres detrás dun micrófono co músico estadounidense Jon Bon Jovi nos emblemáticos estudos de Abbey Road, en Londres, con motivo da gravación dun tema con fins benéficos.

O líder do veterano grupo de rock and roll Bon Jovi atópase no Reino Unido promocionando o seu próximo álbum, 2020, que sairá ao mercado o próximo 15 de maio. 

O cantante, ademais, está regrabando un dos temas que incluirá nese traballo, titulado Unbroken, xunto co coro Invictus Games Choir, xestionado pola organización benéfica Help For Heroes, e composto por persoal militar e veteranos de guerra lesionados e enfermos, nos mesmos estudos empregados por The Beatles en 11 dos seus álbums.

Todos os beneficios derivados desa canción serán para a fundación caritativa Invictus Games, que puxo en marcha o fillo menor de Carlos de Inglaterra e que apoia eventos deportivos internacionais para veteranos do exército lesionados ou enfermos.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Testing, testing🎙… • Recorded inside Abbey Road Studios, home to The Beatles and other music legends, The Duke of Sussex joins Jon Bon Jovi and the Invictus Games Choir for a special live session in aid of the Invictus Games Foundation. The song being played, called ‘Unbroken’, was created by Jon Bon Jovi to shine a spotlight on those veterans living with Post Traumatic Stress Injury (PTSI), to honour their service and acknowledge the strength of the Armed Forces community. The Duke and JBJ are both strong supporters of the military community, with The Duke founding the Invictus Games in 2014. The Invictus Games Choir, made up of wounded, injured and sick veterans and serving personnel from all services and different ranks of the UK Armed Forces, have come together to use the power of music to aid their recovery. Although The Duke was unable to sing, leaving the vocals to the professionals, the special single that was recorded in Studio 2 where The Beatles recorded 11 out of their 13 albums, and will be released in March in support of the @WeAreInvictusGames. Video © SussexRoyal

Una publicación compartida de The Duke and Duchess of Sussex (@sussexroyal) el

A melodía pretende captar a atención sobre o trastorno de tensión postraumática que padecen moitos veteranos de guerra.

O duque de Sussex, que dará un paso atrás como membro da realeza británica a finais do próximo mes, divulgou este venres na súa conta de Instagram un vídeo no que se lle ve cantando xunto con Jon Bon Jovi nos míticos estudos de gravación. 

Ambos se fotografaron ademais no famoso paso de peóns onde pousou no seu día para a portada do seu álbum Abbey Road o cuarteto de Liverpool. 

Comentarios