A princesa Leonor xa ten a súa propia boneca

Os rusos AFD Group presentarán a figura, en convención Madrid Fashion Doll Show
La princesa Leonor.EFE
photo_camera A princesa Leonor.EFE
A princesa Leonor xa ten unha boneca coa súa imaxe, seguindo o ronsel dos seus pais, os reis Felipe e Letizia, que contan tamén con xoguetes similares.

Vasili Barbier e Sergey Amelkox son o tándem que sustenta AFD Group, dous mozos creadores rusos que fabricaron unha boneca coa imaxe de dona Letizia en 2015, que ten como basee as medidas e estrutura de Barbie.

Un ano despois, tamén fixeron un boneco coa imaxe de Felipe VI.

Segundo informou este luns a empresa creadora, no novo xoguete a princesa de Asturias loce un vestido en azul pastel, un dos tons elixidos para as grandes ocasións da súa vida, como o día no que o seu pai lle impuxo o Toisón de Ouro, ou o da súa primeira intervención nun acto oficial coa lectura dun extracto da Constitución.

Será o vindeiro domingo, día 8, cando se presente a boneca, que non se comercializará en tendas, durante a Convención Oficial de Coleccionistas de Barbie en España, Madrid Fashion Doll Show, un encontro no que se dan cita coleccionistas de distintos países.

Na mostra, tamén se exporán recreacións en xoguete de estrelas como as actrices Audrey Hepburn e Marilyn Monroe, que se poderán adquirir a través dunha poxa benéfica na plataforma Ebay, e a recadación será doada a Fundación Crecer Xogando e o seu proxecto solidario "Un xoguete unha ilusión". 

Comentarios