Premios para os Contos de Verán

Os premiados fan unha crítica á perda de identidade que provoca a globalización

O diario El Progreso entregou os premios da quinta edición do seu certame Contos de Verán, que tivo como gañador ao relato ‘Minnesota’, de Lionel Rexes. Finalista quedou ‘Lambetadas’, de María José López Sánchez. Ambos textos fan unha crítica á perda de identidade que provoca a globalización. Os galardóns foron entregados pola presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O xurado estivo coordinado pola xornalista de El Progreso Marta Veiga, e contou co subdirector do diario Tito Diéguez e co redactor Santiago Jaureguí- zar. Presidiuno o responsable do PEN Galicia, Luís González Tosar.

Comentarios