Patricia Pardo sepárase do seu marido tras sete anos de matrimonio

A xornalista galega mantiña unha relación co policía Francisco Márquez, co que ten dúas fillas 
Patricia Pardo. EP
photo_camera A xornalista Patricia Pardo nunha imaxe de arquivo. EP

A xornalista Patricia Pardo, copresentadora de Ana Rosa Quintana e a súa substituta durante as vacacións, separouse do seu marido Francisco Márquez. Tras máis de dez anos de relación, sete de matrimonio e dúas fillas en común a parella decidiu continuar a súa vida por camiños diferentes. 

Aínda que non se coñecen os detalles exactos sobre os motivos que lles levaron a tomar a decisión, a revista Ola! desvelou que  que todo comezou durante a pandemia do coronavirus, momento en que a relación se empezou a deteriorar ata chegar agora á separación definitiva. 

Segundo apuntan desde o mesmo medio, trátase dunha ruptura amigable na que ambos priman a protección e o benestar das súas fillas. 

Comentarios