O parecido dunha galega con Donald Trump internacionalízase

A imaxe de Dolores Leis, que se parece ao presidente estadounidense, está a dar a volta ao mundo

Donald Trump y Dolores Leis.EP
photo_camera Donald Trump e Dores Leis.EP

Dolores Leis está a dar a volta ao mundo. Un día estaba na súa horta tranquilamente co seu sacho e fixéronlle unha fotografía que se subiu a Instagram. ¿Que destacou? O seu parecido con Donald Trump. Todo o que veu a continuación forma parte dunha película á que ela esta totalmente allea. A fotografía cobrou vida propia e medios de comunicación de todo o mundo fixéronse eco da imaxe.

 

Dores Leis, onte, en Nantón â??ï??ð???ð???<>

Unha publicación compartida da P a ou l a /a (\trintadenovembro)<> o 20 Abr, 2018 ás 5:14 PDT

A revista Newsweek foi unha das que comentou o curioso parecido. Ademais, tamén medios franceses, ingleses, italianos e incluso peruanos falaron sobre a fotografía que desvelou á dobre que Trump, que vive en Nantón, na Costa da Morte.

Muller parecida a Bieito XVI. EPCoa repercusión internacional que alcanzou a fotografía, non sería estraño que a imaxe chegase ata as mismísimas mans de Donald Trump. Co seu carácter cambiante, habería que ver como o toma.

PRIMEIRO CASO. Non é o primeiro caso dunha muller que se parece a unha importante personalidade masculina. Hai uns anos, cando Bieito XVI comezou o seu papado, unha muller colleitando uva tamén saltou ás webs de todo o mundo. Neste caso, descoñécese a nacionalidade da señora.

Comentarios