Pamela Anderson lidera unha protesta antitaurina no sur de Francia

A actriz canadense levou ao Concello unha petición de internet na que medio de millón de persoas piden acabar coa tradición

Pamela Anderson. MEDIASET
photo_camera Pamela Anderson. MEDIASET

A actriz canadense Pamela Anderson, famosa polo seu papel na serie Os vixiantes da praia, liderou este venres un acto de protesta antitaurina en Nîmes (sur de Francia), informou a Efe a presidenta da Alianza francesa antitaurina, Claire Starozinski.

Anderson, que vive dende hai un ano no sur de Francia debido á súa relación no futbolista do Marsella Adil Rami, levou ao Concello de Nîmes unha petición de internet na que medio de millón de persoas piden acabar coas corridas de touros. "Non comprendo como as corridas perduran nun país como Francia", manifestou Anderson, segundo relatou Starozinski, coordinadora da iniciativa.

A acción reivindicativa, moi seguida polos medios locais, sucedeu cando comeza en Nîmes a tradicional feira de Pentecostés. Starozinski denunciou tamén a hostilidade que atoparon no Consistorio pola protesta e contou que o alcalde de Nîmes, o conservador Jean-Paul Fournier, declinou recibilas.

Non é a primeira vez que a actriz integra unha protesta prol-animais en Francia, pois o pasado agosto participou noutra para pedir o peche do parque mariño Marineland, Antibes (sur), onde denunciou o cativerio que padecen os animais nesa instalación.

A sex-symbol dos anos noventa, de 50 anos, deixou hai uns meses Estados Unidos e mudouse a Francia para vivir co internacional francés Rami, de 32 e exxogador do Valencia e o Sevilla.

Comentarios