A noiva de Al Pacino déixao por ser "demasiado vello"

Meital Dohan, de 40 anos, mantiña unha relación co actor desde 2018
Al Pacino.EFE
photo_camera Al Pacino.EuropaPress

A actriz israelí Meital Dohan anunciou a súa rupturo co actor Al Pacino por ser "tan vello".

Dohan confesaría a un medio israelí o fin da súa relación co mítico intérprete de Michael Corleone no Padriño logo de dous anos de relación. "É difícil estar cun home tan vello, aínda que sexa Al Pacino", apuntaba ela.

Ademais, a actriz sinalou que se esforzou en que a relación funcionase, pero "incluso con todo o meu amor, o noso non durou".

Dohan, de 40 anos, mantiña unha relación con Pacino desde 2018, despois de que o actor, de 79, rompese coa súa anterior parella, Lucila Polak.

A non aparición da parella na última cerimonia dos Óscar fixo que os rumores da súa ruptura proliferasen nas redes sociais e nos medios especializados. Agora Dohan confirma a noticia.
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

FEEL FREE

Una publicación compartida de Meital Dohan (@meitaldohan) el

Comentarios