'Naked Attraction', un programa de espidos que nos devolve ao 'destape' e a censura

A asociación católica e españolista Instituto de Política Social pide que retiren o programa Naked Attraction de HBO Max por consideralo pornográfico
Foto promocional de 'Naked Attraction'.MAX
photo_camera Foto promocional de 'Naked Attraction'.MAX

Se vostede é un nostalgico de épocas pasadas que non viviu pero si idealizou, está de sorte. Porque volve o destape co novo programa da plataforma HBO Max Naked Attraction. Non exactamente o destape dos 70 e 80, claro, porque no que se refire carne e pelello está xa todo visto e nada sorprende.

Non é que sexa novo o formato deste espazo presentado por Marta Flich, que rexistra un dos mellores datos de audiencia da plataforma, posto que a canle da televisión Channel 4 lévao emitindo oito anos. Trátase dun concurso de dating no que os candidatos e as candidatas é esconden tras unha cabina que se vai levantando e mostrando cada vez máis partes do seu corpo completamente espido. Unha persoa do sexo oposto debe escoller ao seu pretendente favorito, entre que comenta coa presentadora as singualaridades dos corpos que se van descubrindo, co que os vestidos tamén pon o seu parte de chicha.

O que non é en absoluto novo é a moralina e a crítica censora. Nunha sociedade na que hai un serio problema con temperán acceso dos menores á pornografía, aínda hai quen lle preocupa que os menores maiores de 12 anos poidan corromper a súa inocencia e traumatizarse ao pasar por diante dos seus ollos os xenitais dunha persoa adulta que, a maior parte do tempo está en actitude de recoñecemento médico, aínda que en determinados tramos do programa poidan contornearse e dar algún sinal de vida.

Nesta ocasión foi Instituto de Política Social (IPS), unha asociación católica, preocupada pola unidade de España e defensora do que chaman "valores humanos". Esta entidade pediu a "retirada inmediata" do programa, posto que, segundo asegura, o contido é pornográfico e non está sometido ao control parental por idade da plataforma, algo que non é certo, posto que pode limitarse o acceso para contas asociadas a menores de 12 anos. Aínda que, outras plataformas, como Movistar Plus+ censuran o seu acceso para menores de 16.

"Este vídeo mostra a depravación moral e humana. Este programa que se emite desde hoxe en España, Naked Attraction, que vai de espidos, é unha vergoña. é intolerable que se normalice a pornografía e esiximos que o retiren de Max", comentan nunha analogía do espido pornografía.

Un dos argumentos que esgrime o IPS é que o programa "deixa á muller como mero obxecto de elección atentando así contra a integridade das mulleres e a súa dignidade". No entanto, non manifestaron ningunha queixa sobre os espidos masculinos.

Comentarios