Nacho Vidal: "Non vou facer un circo disto. Hai unha familia detrás"

O actor asegura que "é categoricamente falso" que lle quitaran o pasaporte e que lle fagan asinar cada 15 días

Nacho Vidal. EUROPA PRESS
photo_camera Nacho Vidal. EUROPA PRESS

"Non vou facer un circo disto. Hai unha familia detrás". Con estas palabras expresábase este mércores Nacho Vidal, investigado pola morte do fotógrafo José Luis Abad durante a celebración dun ritual místico baseado na inhalación de vapores de veleno de sapo ocorrido en xullo de 2019 na localidade valenciana de Enguera.

O actor de cine para adultos admitiu no programa Todo es mentira, de Cuatro, que está moi afectado polo ocorrido. "Podes dicir que estou imputado, vale, que hai unha investigación, vale, morreu unha persoa na miña casa e eu estaba aí, é normal. Pero que diso se saque unha noticia tan sucia e tan rastrera usando fotos da Garda Civil e mentir sobre un caso no que morreu unha persoa, non", declarou Vidal, quen non quixo entrar en directo no espazo televisivo.

Ademais, o actor asegurou que "é categoricamente falso" que lle quitaran o pasaporte e que lle fagan asinar cada 15 días. "É falso e innecesario", apuntou.

Vidal declarou ante o xuíz o pasado venres xunto a outras dúas persoas implicadas no caso. O maxistrado decretou para eles liberdade provisional.

Comentarios