Multan e inmobilizan a gastroneta de Dabiz Muñoz antes da súa chegada a Galicia

O vehículo carecía de seguro de circulación
POLLOS MUÑOZ_DABIZ
photo_camera Imagen promocional de Pollos Muñoz.

A Policía Local de Santa Cruz de Tenerife inmobilizou este martes e multou < strong>gastroneta da cadea GoXo, do cociñeiro Dabiz Muñozpor carecer de seguro de circulación, confirmou este mércores a EFE fontes deste corpo.

Os feitos ocorreron, tal e como adianta o xornal Diario de Avisos, cando o vehículo, que chegaba a Tenerife procedente de Gran Canaria, foi parado por strong <>axentes locais que constataron que carecía de seguro de circulación.

A gastroneta, segundo confirmaron a EFE fontes policiais, foi inmobilizada e enviada ao depósito de vehículos ata que liquidase esta situación ademais de strong <>imporlle unha multa.

O furgón restaurante de GoXo ten previsto situarse nunha praza dunha das zonas comerciais da capital tinerfeña tras a súa estancia en Gran Canaria.

Chegada a Galicia

PITOS MUNÌ?OZ_INFO

A gastroneta de strong <>Pitos Muñoz desembarcará en Galicia o vindeiro xoves 2 de maio. Estará situada en strong <>El Corte Inglés de Vigo ata o 8 de xuño. 

Esta aposta de Dabiz Muñoz está centrada unicamente no pito, con propostas como o Chicken Waffle ou a Chicken Burger.