Morre o fillo maior de Tina Turner aos 59 anos

O corpo de Craig Raymond Turner foi achado no seu domicilio cunha ferida de bala. A investigación apunta a un suicidio

Tina Turner, en una imagen de archivo. HERBERT P. OCZERET
photo_camera Tina Turner, nunha imaxe de arquivo. HERBERT P. OCZERET

O fillo maior de Tina Turner, Craig Raymond Tuner, foi achado morto o pasado martes na súa casa de Studio City (California, EE UU). O corpo do primoxénito da cantante, que tiña 59 anos de idade, presentaba unha ferida de bala e a investigación apunta a un posible suicidio, segundo medios estadounidenses.

A artista tivo o seu primeiro fillo aos 18 anos, froito do seu romance co saxofonista Raymond Hill. O pequeno foi adoptado, posteriormente, polo marido da intérprete, Ike Turner. 

A propia Tina confesou hai uns meses o tormentoso matrimonio que viviu xunto a Ike ata a súa separación en 1976. Segundo a cantante, Ike maltratouna física e psicoloxicamente, feitos que marcarían a infancia do seu fillo Craig.