Morre Concha Márquez Piquer aos 75 anos de idade

Levaba un mes ingresada nun centro hospitalario de Madrid
Concha Márquez Piquer. EFE
photo_camera Concha Márquez Piquer. EFE

Tras un mes ingresada, Concha Márquez Piquer faleceu aos 75 anos de idade. Así o comunicou a súa familia este luns.

A artista padecía unha infección pulmonar que finalmente lle custou a vida. En em <>Sálvame narraron que hai uns días experimentou unha lixeira melloría e incluso recibiu algunhas visitas.

No entanto, o seu marido, Ramiro Oliveros, e os seus máis achegados —como a súa filla Iris— tiveron que despedirse tras confirmarlles o equipo médico que xa non podían facer máis por ela

Filla da ilustre cantante Cocha Piquer, Márquez foi famosa desde o seu nacemento en 1945, baste recordar que a súa madriña foi Eva Perón. Alcanzou unha notable popularidade en España e en Hispanoamérica, e en 1977 gañou o Festival de Bulgaria. Traballou con distintos estilos, pero destacou pola copla e pola interpretación do repertorio da súa nai.