Morre dun ataque ao corazón o tiktoker que cataba comidas bizarras

Waffler69 tiña 33 anos e fíxose popular probando produtos estraños, incluso caducados
Waffler69. TIKTOK
photo_camera Waffler69. TIKTOK

O tiktoker Waffler69 morreu o pasado 11 de xaneiro dun ataque ao corazón. O creador de contido, de tan só 33 anos, era coñecido polos seus vídeos nos que probaba comidas estrañas nunhas peculiares catas que o lanzaron á fama na rede social. 

Waffler69 tiña 1,7 millóns de seguidores en TikTok. Foi o seu irmán quen deu a noticia do seu falecemento: "Waffler foi levado ao hospital, onde estivo unha hora e media ata que morreu".

O mesmo día da súa morte, o tiktoker estadounidense subiu o seu último vídeo, no que probaba un aro xigante de cereal. Noutros dos seus populares contidos cataba produtos ata caducados, como uns cereais promocionais da película Batman de 1989. 

Segundo TMZ, Waffler69 tiña antecedentes familiares de problemas de corazón.