O actor David Prowse, coñecido por interpretar a Darth Vader na triología orixinal de Star Wars, faleceu este domingo á idade de 85 anos.
O falecemento do intérprete nacido en Bristol (Reino Unido) foi anunciado pola súa axencia de representación en Twitter este domingo e confirmado por medios como Sky News.
Prowse, que puxo o seu corpo, pero non a voz, a Darth Vader, tamén era amplamente coñecido en Reino Unido por unha campaña de concienciación viaria que ensinaba a cruzar aos nenos a rúa e pola que no 2000 recibiu a Orde do Imperio Británico.
Tras o seu rol en Star Wars permaneceu apartado do cine, pero previamente realizou outros papeis en películas como A Laranxa Mecánica e interpretou ata en tres ocasións a Frankenstein.