Morre a 'Kim Kardashian mexicana' nunha operación de levantamento de glúteos

A nova modelo gozaba dunha gran popularidade nas redes sociais
Joselyn Cano.INSTAGRAM
photo_camera Joselyn Cano.INSTAGRAM

Joselyn Cano, a moza influencer de 29 anos alcumada 'a Kim Kardashian mexicana', faleceu este luns durante unha intervención de cirurxía estérica.

Cano viaxara a Colombia para someterse a por segunda vez a un levantamento de glúteos brasileiros, unha práctica que consiste en extraer graxa de distintas partes do corpo para inxectala nas nádegas. Segundo apuntan varios medios, Cano morreu logo de sufrir un dano nos vasos sanguíneos que causou unha embolia.

A Sociedade Estadounidense de Cirurxiáns Plásticos, trátase dunha intervención cunha "alta taxa de mortalidade", moito maior que calquera outra cirurxía estética.

A moza tiña tiña trece millóns de seguidores na súa conta de Instagram, era coñecida polo seu alto contido sexual na súa conta de OnlyFans e fora contratada como modelo para varias revistas.

Comentarios