Mónica Naranjo non será xurado na próxima edición de 'OT'

A cantante explicou que tiña problemas para compaxinar os seus compromisos musicais coa pequena pantalla

Mónica Naranjo. INSTAGRAM
photo_camera Mónica Naranjo. INSTAGRAM

Mónica Naranjo confirmou este venres que non formará parte do xurado da próxima edición de Operación Triunfo, tras o seu celebrado paso pola última convocatoria deste concurso de televisión, que bateu marcas de atención en redes sociais.

"Como xa adiantei en prensa hai semanas, finalmente non formarei parte do xurado na próxima edición de OT. ¡¡¡Moita sorte a todo o equipo!!!", publicou en Twitter a cantante, aludindo a unhas declaracións previas nas que comentou os problemas para compaxinar os seus compromisos musicais coa pequena pantalla.

Tanto RTVE como Gestmusic confirmaron a Efe a marcha de Naranjo, pero non quixeron realizar declaracións sobre a identidade da persoa que a substituirá e que se unirá a Manuel Martos e Joe Pérez-Orive no xurado de OT 2018.

A gala de peche de OT 2017, na que resultou gañadora Amaia, obtivo case catro millóns de espectadores, cunha cota de pantalla do 30,8%.

O media xenal desa edición foi de 2.549.000 persoas e un 19,7% de cota, cunha importante presenza de público xuvenil, do 19,4%. 
 

Comentarios