Miki Nadal e a súa sogra enfróntanse nos xulgados

Carmen Escámez denuncia levar un ano sen poder ver á súa neta, nacida no 2015

Carola Escámez y Miki Nadal
photo_camera Miki Nadal e a súa esposa Carola Escámez no bautizo da súa filla

A situación de Miki Nadal e a súa muller Carola Escámez atravesa unha dura crise. Lonxe das risas ás que nos ten afeitos, a situación do matrimonio pasa por unha etapa complicada.

A sogra do humorista, Carmen Escámez, interpuxo unha denuncia á parella por, supostamente, non deixarlle ver á súa neta desde hai un ano. O conflito empezou en agosto de 2017 cando a avoa da nena e os pais desta deixaron de ter contacto. Tras a denuncia e unha sesión de conciliación na que non chegaron a ningún acordo, a resolución queda en mans do xuíz, quen decidirá se a avoa ten dereito a optar por un réxime de visitas.

A dura situación familiar supuxo un gran distanciamento entre a familia da súa esposa e a parella, que ademais atravesa unha situación complicada na súa relación.

Comentarios