Martiño Rivas métese na pel de Nacho Vidal

O galego será o encargado de interpretar ao actor de cine para adultos na nova aposta cinematográfica da plataforma StarzPlay 
Martiño Rivas. VANESSA RÁBADE
photo_camera Martiño Rivas. VANESSA RÁBADE

A plataforma StarzPlay chegou ao panorama seriéfilo para quedar. Despois de que a súa primeira proposta, Express, tivese unha boa acollida por parte do público, o servizo de streaming quere afianzar o seu éxito cunha nova aposta: Nacho Vidal, unha industria XXL

A plataforma ofrecerá unha ficción cuxo fin é explorar as entrañas do cine para adultos desde a perspectiva dun dos seus rostros máis coñecidos, Nacho Vidal, ao que dará vida o actor galego Martiño Rivas. 

A serie será producida por Bambú Producciones e no seu elenco aparecerán outros rostros coñecidos como o de María de Nati, que será a encargada de porse na pel da noiva do protagonista. 

A produción estará ambientada nos anos 90 e suporá un desafío para o actor galego que terá que encarnar a un personaxe real, cunha ampla traxectoria moi coñecida no noso país. 
 

Comentarios