martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Maradona regálalle a súa camiseta a Ahamadineyad

maradona.jpg
maradona.jpg

O presidente iraniano, Mahmud Ahmadineyad, poderá vestir toda unha reliquia da historia do fútbol: a camiseta de Maradona. O futbolista arxentino deixou patente de novo a súa simpatía por Ahmadineyad, ao regalarlle unha das súas camistas co dorsal 10, que vestiu coa selección arxentina.

O embaixador de Irán en Arxentina foi o encargado de entregar o presente ao dirixente iraniano, por encargo do futbolista. Diego Armando Maradona manifestou en varias ocasións a súa admiración por Ahmadineyad, ao que se referiu como alguén “valente, reivindicador de xustiza e popular”, segundo informa a axencia iraniana IRNA.

Xa coñecín a Chávez e a Fidel
O pasado mes de decembro, Maradona expresou a súa solidariedade "de todo corazón" co pobo iraniano e mostrou o seu desexo de coñecer a Ahmadineyad en persoa. "Xa coñecín a Chávez e a Fidel. Agora só me falta coñecer ao seu presidente. Quero coñecer a Ahmadineyad", apuntou o ex capitán da selección arxentina de fútbol.

Naquela ocasión, as súas declaracións a favor de Ahmadineyad valéronlle a Maradona as críticas da colectividade xudía do seu país. Un grupo de familiares das vítimas do atentado á AMIA -mutualista xudía que foi branco dun atentado, en 1994, que deixou 86 mortos- expresou os seus desexos de reunirse con Maradona para explicarlle a presunta responsabilidade de figuras políticas de Irán no atentado. O futbolista aclarou que coas súas declaracións non quixo incomodar a ninguén, asegurando que "non me meto en política, respecto a todo o mundo".

Maradona regálalle a súa camiseta a Ahamadineyad
comentarios