Luis Miguel e Mollie Gould rompen tras case tres anos de relación

A moza estadounidense é unha das súas coristas
Luis Miguel y Mollie Gould. INSTAGRAM
photo_camera Luís Miguel e Mollie Gould. INSTAGRAM

O cantante mexicano Luis Miguel e a bailarina estadounidense Mollie Gould puxeron fin á súa relación, segundo adiantou a revista ¡Hola!.

O artista e a corista confirmaron o seu romance en setembro de 2018 e desde ese momento era habitual velos xuntos en escapadas románticas en diferentes países do mundo.

A ruptura coincide coa emisión da segunda tempada da serie baseada na vida do artista en Netflix. Segundo publica ¡Hola!., a Luis Miguel non lle sentou nada ben que se desvelasen aspectos ata agora descoñecidos da súa vida.

Comentarios