O 'Lucense do ano' Siro López retransmitirá os Xogos Paralímpicos de París 2024

O comunicador sarrián fíxose cos dereitos para a súa canle de Twitch, polo momento a única forma confirmada en España para seguir o evento
Siro López. TWITCH
photo_camera Siro López. TWITCH

Siro López retransmitirá os Xogos Paralímpicos de París 2024 na súa canle de Twitch. Mentres que RTVE aínda non adquiriu os dereitos de retransmisión dos Xogos Paralímpicos, o comunicador, nomeado un dos Lucenses do ano 2023 por El Progreso, conseguiu a cobertura do evento deportivo a través da plataforma. 

O propio Siro López publicou nos seus redes sociais a noticia: "Feliz de ter a oportunidade de dar cobertura a un evento tan importante e tan exitoso para o noso país", asegurou. 

Aínda que se espera que Televisión Española -que se conta cos dereitos de retransmisión dos Xogos Olímpicos- acabe chegando a un acordo para ver por televisión os Paralímpicos, os afeccionados españois terán na canle de Siro López unha opción para seguir a competición polideportiva. 

Segundo informan varios medios de comunicación, o canle de Twitch do sarrián emitirá as cerimonias de apertura e clausura, así como as probas máis importantes. 

Comentarios