Loles León, nova concursante de 'Tu cara me suena'

A actriz catalá xa acudiu ao programa como invitada en 2014
Loles León. EP
photo_camera Loles León. EP

Loles León participará na novena edición de Tu cara me suena. Segundo confirmou Bluper, a actriz súmase ao casting do programa de Antena 3 que xa conforman Los Morancos e Agoney.

A intérprete catalá regresará a un escenario que xa pisou en 2014, cando acudiu como invitada na terceira edición do talent show para meterse na pel de María Jiménez. Acompañouna o actor Santi Rodríguez, que interpretou á Cabra Mecánica.

Tu cara me suena é o terceiro programa de televisión no que participará Loles León, tras o seu paso por MasterChef Celebrity Ven a cenar conmigo: Gourmet Edition.
 

Comentarios