A CIA torturaba aos terroristas do 11-S con cancións de Christina Aguilera

Pensaban que os temas da cantante "podían ofender aos detidos islámicos"
Christina Aguilera
photo_camera Christina Aguilera

A CIA utilizaba as cancións de Christina Aguilera como método de tortura para obter declaracións dos acusados do atentado do 11-S no cárcere de Guantánamo. Así o desvela o diario The New Yorker, que apunta nun artigo que os temas da artista foron seleccionados porque se pensaba que "as mulleres solistas poderían ofender aos detidos islámicos". 

Este método aplicouse a Mohhamed
 al-Qahtani, un dos acusados. O preso foi obrigado a manterse esperto durante horas escoitando as cancións de Aguilera.

Durante os interrogatorios tamén se utilizaron cancións do rapeiro Eminem.




Comentarios