Kiko Rivera anuncia que sofre depresión e retírase dos escenarios

O fillo de Isabel Pantoja publicou un comunicado en Instagram, onde borrou todas as súas fotos

Kiko Rivera. EFE
photo_camera Kiko Rivera. EFE

O Dj Kiko Rivera sorprendeu a todos os seus seguidores cun duro comunicado no que anuncia que deixa os escenarios por motivo da depresión que sofre.

"Hoxe é un día moi duro para min: poño en coñecemento dos medios de comunicación que, por causa dunha depresión e co fin de evitar calquera dano adicional, decidín retirarme dos escenarios", anunciou o fillo de Isabel Pantoja a través da súa conta de Instagram, onde borrou absolutamente todas as súas publicacións anteriores, as relacionadas co seu traballo e coa súa vida privada.

"Grazas á miña muller por aguantar os meus malos humores e os horarios tan malos que temos os artistas", sinala no comunicado Rivera, que prosegue dando as "grazas á miña familia e amigos por estar nos peores momentos como o están agora. Eles saben quen son".

"Espero poder reunir as forzas necesarias para volver, de momento é imposible", conclúe.


 

Comentarios