Julia Otero anuncia que superou o cancro: "Estou viva e guerreira"

A xornalista monfortina indicou que falta pouco para o seu regreso á radio
Julia Otero. INSTAGRAM
photo_camera Julia Otero. INSTAGRAM

A xornalista monfortina Julia Otero anunciou este mércores que superou o cancro de colon lle foi diagnosticado en febreiro. 

Nunha mensaxe na súa conta de Instagram, Otero dixo que estaba "viva e guerreira" e anunciou que "xa falta pouco" para o seu regreso á radio para reincorporarse ao seu programa, Julia en la onda.

Ademais, a monfortina, de 61 anos, compartiu a súa nova imaxe, co pelo curto e máis delgada, algo que atribuíu tirando de sarcasmo a unha "exitosa dieta". "Pero case mellor que non a probedes nunca", aclarou, en referencia á enfermidade que padeceu.

"Xa non teño egoístas. Non quedou nin unha aínda que xa sabedes que son 5 os anos que deben transcorrer para dar o asunto por resolto", aclarou na súa mensaxe, moi celebrada nas redes sociais. Otero tamén quixo agradecer o apoio que recibiu durante todo este tempo. 

Comentarios