Juan Muñoz, de 'Cruz y Raya', sobre Pedro Sánchez: "Este que se vaia... ¡INÚTIL!"

Juan Muñoz. AEP
photo_camera Juan Muñoz. AEP

Juan Muñoz, o 50% do coñecido como dúo 'Cruz y Raya', utilizou o seu perfil na rede social Twitter para lanzar a súa opinión sobre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Muñoz dixo que está "ata as orellas de aguantar as idioteces" de Sánchez, ao que lle dedicou o cualificativo de "inútil" e ao que acusou de cargarse todo o que para el significa a democracia.

Hai unhas semanas, tamén a través de Twitter, Juan Muñoz cargou contra a xestión da pandemia en Europa e comparouna con Estados Unidos. "Eu xa non sei que dicir, pois síntoo, o que se sinta ofendido que se foda. Isto que é unha pandemia ou un maldito negocio?", escribía.

Comentarios