Juan Carlos Monedero visita este mércores 'El Acabose' de José Mota

O cofundador de Podemos cantará a dúo co humorista unha canción de Krahe
José Mota caracterizado de Monedero
photo_camera José Mota caracterizado de Monedero

O cofundador e ideólogo de Podemos Juan Carlos Monedero visitará este mércores o estudio de El Acabose, o programa de José Mota, onde repasará os momentos "máis tolos" das súas intervencións en televisión e recibirá a visita dun xubilado con problemas económicos, segundo informa RTVE nunha nota de prensa.

O programa, estreado hai dúas semanas, combina cada mércores entrevistas con ficción, na que participan os invitados, e está ambientado nun escenario "postapocalíptico" en 2028, once anos despois do suposto fin do mundo. Monedeiro falará da época na que foi profesor de Pablo Iglesias e protagonizará, xunto con Mota, unha sentada na que ambos cantarán unha canción de Javier Krahe.

Comentarios