Jorge Javier Vázquez recibe a alta e presentará 'Supervivientes'

O seu exnoivo Paco converteuse de novo no seu gran apoio e acompañou o presentador na última revisión médica

Jorge Javier Vázquez. SÁLVAME
photo_camera Jorge Javier Vázquez. SÁLVAME

Jorge Javier Vázquez recuperouse do susto sufrido o mes pasado, cando tivo que ser operado de urxencia tras sufrir un ictus e un aneurisma. O propio presentador informou das boas noticias durante unha chamada que fixo a Sálvame. "Estou moi feliz porque fun facer as probas que tiña que facerme e o médico díxome que podo presentar Supervivientes", explicou Jorge, feliz de recibir o beneplácito dos especialistas para volver á televisión.

A súa reaparición será o vindeiro xoves 25 de abril coa estrea do reality de famosos en Telecinco. Un proxecto profesional que entusiasma á estrela de Mediaset, especialmente nesta edición na que participará Isabel Pantoja. Cando se decatou de que a tonadilleira iría á illa non llo cría. "Chamoume Paolo Vasile e díxome '¿estás sentado?'. No momento que mo dixo non me fixo moita graza, porque estaba a unha semana de coñecer o resultado da proba. Unha figura como ela é algo histórico, e recordei que unha vez que estivo en casa comentoume que ela estaba como tola por ir ao programa", relatou Jorge Javier na súa chamada a Sálvame.

O presentador acudiu a esta última revisión médica acompañado do seu ex Paco, que non se separou do seu lado desde que sufriu o derrame cerebral, desatando os rumores dunha posible reconciliación.

Comentarios