Jorge Javier deberá pasar por quirófano

O presentador anunciou que deberá facelo despois someterse a unha proba "moi esperada"
Jorge Javier Vázquez. TELECINCO
photo_camera Jorge Javier Vázquez. TELECINCO

O presentador de Telecinco Jorge Javier Vázquez terá que pasar por quirófano en decembro logo de tras coñecer os resultados dunha proba que tiña pendente logo de sufrir un ictus o pasado mes de marzo.

A noticia deuna o propio xornalista a través da súa conta de Instagram, na que comentaba que "logo dunha proba moi esperada", comentaba,  "comunicáronme que teño que volver pasar polo quirófano en decembro. Non hai mal que por ben non veña. Xa non teño que romperme a cabeza pensando onde irei de vacacións" concluía mostrando un bo sentido do humor ante a adversidade.

Logo de sufrir o ictus, Jorge Javier viuse obrigado a moderar o seu ritmo de vida baixo o aviso médico de que non facelo podería traer consecuencias para a súa saúde. Isto propiciou un visible cambio de aspecto físico no showman da televisión.

Comentarios