Johnny Depp, demandando por unha agresión durante unha rodaxe

O actor segue de escándalo en escándalo

Johnny Depp. AEP
photo_camera Johnny Depp. AEP

O descenso aos infernos de Johnny Depp continúa imparable. O actor, que vai de escándalo en escándalo –desde o seu divorcio ata a súa ruína económica pasando polos seus problemas co alcol–, suma agora outro máis: un traballador do equipo da película City of Lies demandouno por unha suposta agresión.

Gregg Rocky Brooks asegura que o protagonista de Piratas do Caribe golpeoulle nas costelas durante a rodaxe. O motivo que desencadeou o altercado, segundo recollen varios medios estadounidenses, foi a imposibilidade de rodar máis tomas nunha localización.

Depp, que contratara a dous amigos para gravar a escena, enfadouse e golpeou supostamente ao responsable de localizacións da película.

Comentarios