Jason Momoa, a icona sexual ao que agora chaman "gordo"

Unha foto difundida en redes sociais, na que o actor aparece sen camiseta, desatou unha gran polémica

Jason Momoa. SUNDACE CHANNEL
photo_camera Jason Momoa. SUNDACE CHANNEL

Os xuízos cara a forma física dunha persoa realízanse constantemente, case sempre dun modo que ofende ao individuo observado. 

Jason Momoa. TWITEREsta situación agrávase cando o xulgado é famoso, no noso caso Jason Momoa, e o seu proceso sancionador realízase en redes sociais.

O actor de Xogo de Tronos apareceu nunha foto sen camiseta, na que se pode ver que perdeu a forma definida dos seus abdominais.

Este detalle valeulle a unha lexión de 'haters' para sinalalo como "gordo". Ademais de deixar claro que perdeu o seu posto como "icona sexual".

Non foron poucos os que saíron en defensa de Momoa, denunciando a persecución cara ao colectivo con sobrepeso e cara a toda aquela forma física que non se axuste aos canons dominantes. 

Comentarios