James Rhodes destaca o sabor da empanada galega

O pianista británico gaba a gastronomía galega nas redes sociais

James Rhodes. EP
photo_camera James Rhodes. EP

O pianista James Rhodes fixo de novo unha chiscadela a Galicia nas redes sociais. Esta vez quixo destacar as bondades da gastronomía ao sinalar o boa que está a empanada galega.

Rhodes incluso se atreveu a facer unha comparación coa mesma elaboración arxentina dicindo que a do noroeste peninsular estaba mellor.

O pianista incluso asegurou con simpatía que escribía en galego para que "non me maten".

Comentarios