Jácome, desatado: "¿Cres que a maioría de medallistas olímpicos van dopados?"

O alcalde de Ourense vólvea a lear en Twitter cunha publicación que lle valeu o reproche dos seus veciños
Gonzalo Pérez Jácome. EP
photo_camera O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. BRAIS LORENZO (EFE)

Gonzalo Pérez Jácome adoita dicir, ou neste caso publicar, todo o que pensa sen ningún tipo de filtro. No entanto, hai períodos de maior calma que outros; non é o caso do actual.

Logo de haber cuestionado a Medalla de Ouro de Galicia para os servizos de enfermería que traballan na vacinación contra o covid —"non require unha pericia particular", afirmou—, agora tamén pon en dúbida os logros dos deportistas olímpicos.

A través de Twitter, o alcalde de Ourense publicou a seguinte enquisa: "Finalizadas as Olimpíadas, a pregunta é simple: ¿Cres que a maioría de medallistas olímpicos van dopados?".

O tuit, que pon en cuestión as medallas logradas por galegas como Ana Peleteiro ou Teresa Portela, recibiu numerosos reproches.

comentarios