Isa Pantoja, nova concursante de 'GH VIP 6'

"É unha muller interesante e ten moitísimo que contar", asegura Jorge Javier Vázquez

Isa Pantoja. INSTAGRAM
photo_camera Isa Pantoja. INSTAGRAM

Chabelita será unha das concursantes da próxima edición de Gran Hermano VIP, concurso que comeza esta semana en Telecinco.

Así o desvelou Jorge Javier Vázquez durante unha rolda de prensa de GH VIP. En opinión do presentador, a filla de Isabel Pantoja é "unha gran descoñecida". "Coñecemos a súa faceta nocturna, a da feira, a do Deluxe, pero o día a día de Isa non o coñecemos ben. E dígoo sen ironía. É unha muller interesante e ten moitísimo que contar", defendeu.

Tras o seu paso porSupervivientes en 2015, o vindeiro xoves Isa Pantoja entrará na casa de Guadalix de la Sierra disposta a facerse co cobizado maletín. 

Polo momento coñécese a identidade de doce dos concursantes desta edición: Ángel Garó, Oriana Marzoli, Makoke, Aramis Fuster, Darek, El Koala, Mónica Hoyos, Verdeliss, Aurah Ruiz, Suso Álvarez e Asraf Beno. Con todo, o programa podería estar a reservar dous nomes máis para presentalos por sorpresa o día da estrea.

Comentarios