Irene Vila sepárase do seu marido

Casaron en 2011 e teñen tres fillos en común

Irene Villa separouse do seu marido Juan Pablo Lauro despois de varios meses nos que pasaron por unha crise. Finalmente, non lograron superala e decidiron tomar camiños separados.

A protagonista da noticia desvelou a noticia na revista ¡Hola!, onde asegurou que as súas familias levaron un gran desgusto, aínda que eles estano levando da mellor forma posible.

Villa e Lauro casaron en 2011 e teñen tres fillos en común. Coñecéronse na Fundación También, cuxo obxectivo é a integración de persoas con discapacidade. A xornalista non pecha a porta a unha reconciliación no futuro.

Comentarios