Irene Montero reaparece en Instagram para agradecer o agarimo recibido

A portavoz de Unidos Podemos fixo a súa primeira aparición tras dar a luz aos seus fillos

Irene Montero, en Instagram
photo_camera Irene Montero, en Instagram

A portavoz de Unidos Podemos no Congreso, Irene Montero, fixo a súa primeira aparición pública tras dar a luz aos seus fillos nun vídeo que publicou en Instagram para agradecer o "agarimo" que recibiu desde entón.

 
 
 
 
<>
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Grazas polo voso agarimo estes meses. Estou de baixa por maternidade, pero seguiremos conectadas polas redes. ð???<>

Unha publicación compartida da Irene Monteroi_montero_)> o 5 Sep, 2018 ás 9:17 PDT

"Quero agradecervos o agarimo que me enviastes, que saibades que chegou", afirma Montero no vídeo, no que engade que estará "este tempo" de baixa por maternidade, coidando aos seus fillos, pero seguirá atenta á actualidade, e conectada "a través das redes sociais".


Montero e a súa parella, o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, publicaron o luns -día no que os seus mellizos, que naceron prematuramente o 3 de xullo, cumprían dous meses- unha carta de agradecemento nas redes sociais a quen durante estes dous últimos meses atenderon aos seus fillos na sanidade pública.

Comentarios