O incidente entre Eduardo Inda e unha cámara de Mediaset, ¿agresión ou teatro?

O director de OK Diario asegura que foi golpeado e o programa de Risto Mejide acúsao de esaxerar

Eduardo Inda, en el suelo tras la presunta agresión. CUATRO
photo_camera Eduardo Inda, no chan tras a presunta agresión. CUATRO

O xornalista Eduardo Inda denunciou este venres sufrir unha "agresión" por parte dunha cámara do programa Todo es mentira, que presenta Risto Mejide en Cuatro. 

Segundo a súa versión, o presunto ataque produciuse cando acudía aos estudos de Mediaset para colaborar en El Programa de Ana Rosa e, mentres era entrevistado nos corredores por unha reporteira de Todo es Mentira, recibiu un golpe no pescozo por parte dunha cámara.

Nese momento, o director de OK Diario cae ao chan agarrando fortemente o pescozo e, visiblemente alporizado, asegura que vai denunciar á cámara por agresión. 

O programa de Risto Mejide quixo dar a súa versión dos feitos e difundiu o vídeo íntegro do incidente. Desde Todo es mentira cualificaron a actitude de Inda de "teatro". 

"Cando iamos pasar pola porta da entrada, a compañeira cámara tivo que parar para que acabase de abrir e nese momento, eu non se como, Inda terminou no chan", explicou Natalia Lombardo, a reporteira que seguía a Inda polos corredores de Mediaset.

GUERRA ABERTA ENTRE INDA E MEJIDE. A denuncia de Inda é un episodio máis do enfrontamento público que manteñen o xornalista e Risto Mejide despois de que Todo es mentira desmentise unha exclusiva de OK Diario sobre o chalé de Pablo Iglesias e Irene Montero. 

Comentarios