Critican o posado de Belén Esteban en bañador por abusar do retoque

A televisiva concedeu unha entrevista a Lecturas na que desvela que lle "gustaría quedarse embarazada"

Belén Esteban. JUANJO MARTÍN (EFE)
photo_camera Belén Esteban. JUANJO MARTÍN (EFE)

A colaboradora televisiva concedeu unha entrevista en exclusiva á revista Lecturas, da que se fai eco Chance. Nela charla con Mila Ximénez sobre o seu traballo en Telecinco e a súa relación con Terelu Campos, os problemas xudiciais con Toño ou como é a súa relación con Jesulín de Ubrique.

A extensa entrevista vai acompañada dun posado en bañador no que mostra unha imaxe totalmente renovada tras perder oito quilos. Unhas instantáneas polas que foi fortemente criticada nas redes sociais por abusar do retoque fotográfico.

Doutra banda, Belén Esteban admite que lle "gustaría quedarse embarazada" e que xa non usa ningún método anticonceptivo.

Comentarios