Hospitalizada en Jerez a nai de Isabel Pantoja

Isabel Pantoja. AEP
photo_camera Isabel Pantoja. AEP

A nai de Isabel Pantoja, Ana Martín, permanece hospitalizada desde o pasado xoves, cando foi ingresada de urxencia. Os seus problemas de saúde levaron á cantante a cancelar a gravación do programa Idol Kids, no que participa como xurado.

Atendendo ás informacións publicadas por varios medios, Ana Martín, de 88 anos, foi ingresada o xoves no hospital Puerto Real de Cadiz e trasladada despois a outro en Jerez.

Comentarios