Haberá máis blaugranas ca merengues na voda de Casillas

O diario Sport tirou hoxe de ironía (e algo de mala fe) ao levar á súa portada unha información na que asegura que Iker Casillas invitou a máis xogadores do Barça que do Madrid ao seu enlace con Sara Carbonero. Recordemos que, segundo anunciou Lecturas, Corbonillas (Carbonero+Casillas) darase o "si, quero" este verán nunha cerimonia que será semiíntima. Deste xeito e segundo as informacións dos dous medios citados, haberá catro xogadores blaugranas no evento, un máis que os invitados que achegará o Real Madrid.

Os blaugrana que asistirían ao enlace serían Carles Puyol, Xavi Hernández, Andrés Iniesta e Cesc Fàbregas, mentres que, dos merengues, acudirían Sergio Ramos, Xabi Alonso e Álvaro Arbeloa.

Comentarios