"Gustaríame ser actor porno, pero non dou a talla"

Joaquín Sánchez, futbolista do Betis, acudiu a El Hormiguero para presentar o seu novo programa
Joaquín, en 'El Hormiguero'. ATRESMEDIA
photo_camera Joaquín, en 'El Hormiguero'. ATRESMEDIA

"Deixo o fútbol, quero seguir traballando e aprendendo profesións". Así anunciaba en El Hormiguero Joaquín Sánchez, xogador do Betis, que xa prepara a súa retirada dos terreos de xogo para pasarse aos estudio de televisión.

Joaquín debutará como presentador co programa El Novato. "Vou ter xente moi top", avanzaba. "Vai ser moi divertido, con humor e alegría. E que sentan identificados comigo", revelou.

O futbolista conquistou de novo á audiencia de El Hormiguero, realizando bromas constantemente e mostrando a súa coñecida simpatía. 

Entre risas e gargalladas, Joaquín deixou caer que entre esas profesións que lle gustaría aprender estaría a de actor porno. Iso si, afirmou que é un soño imposible pois "non dou a talla".

Durante o programa tamén se viviu un momento surrealista coa chamada a un espectador para regalarlle un cartón con diñeiro. 

Comentarios