Guardiola: "Os meus fillos van ao colexio con xente india, xente negra, xente normal..."

O técnico do Manchester tivo un pequeno lapsus ao comentar o episodio racista que sufriu Raheem Sterling

Pep Guardiola. NIGEL RODDIS (Efe)
photo_camera Pep Guardiola. NIGEL RODDIS (EFE)

Tras os insultos racistas que recibiu Raheem Sterling durante o partido entre o Manchester City e o Chelsea, as últimas palabras do seu adestrador Pep Guardiola tamén lle tocan de cerca.

Preguntado por este episodio, o catalán aseguraba: "O racismo está moi estendido, está en todas partes (...) Temos que loitar todos os días contra isto".

"Sterling é unha persoa incrible. é difícil de entender que estas cousas. Temos que ser mellores entre todos. Os meus fillos van ao colexio con xente de todo o mundo. Xente india, xente negra, xente normal...", proseguiu o técnico do Manchester.

Comentarios