O gran engano de Celia Villalobos

A expresidenta do Congreso non formará parte dun equipo de eSports ► O anuncio correspondíase cunha campaña de publicidade dunha óptica sobre o uso que facemos das pantallas
Celia Villalobos, como 'gamer'. INSTAGRAM
photo_camera Celia Villalobos, como 'gamer'. INSTAGRAM

Todo parecía seguir un camiño lóxico e coherente na vida de Celia Villalobos. Do Candy Crush no Congreso a formar un equipo de eSports.

Con todo, todo era un engano. O anuncio sobre a súa incorporación ao mundo dos videoxogos que se volveu viral nos últimos días non era máis que un cebo publicitario.

Este mércores a expresidente do Congreso desvelou o armazón que se atopaba detrás. Trátase da campaña dunha óptica que busca concienciar sobre o uso irresponsable que facemos das pantallas. Pon o acento en que non fai falta ser un gamer ao uso para sufrir as mesmas consecuencias por unha sobrexposición a dispositivos como o móbil ou o computador. 

Segundo o estudo Es gamer e non o sabes realizado por Multiópticas, o 85% das persoas entre 45 e 75 anos xogan unha media dunha hora e media ao día e teñen case catro xogos no teléfono. Sexan boomers ou Xeración X, segundo o estudo, estes xogadores han de ser considerados gamers de pleno dereito e coidarse como tal.

Comentarios